II Trofeco Concello de Touro

II Trofeo Concello de Touro

Este próximo domingo día 2 de abril de 2017 disputarase no concello de Touro o II Trofeo Concello de Touro (Camiño do Holandés) no mesmo circuíto que a pasada tempada.

O percorrido de 67 kilómetros ten varias costas duras e unha subida tendida que conduce á liña de meta. A proba discorre na súa totalidade polo concello que dá nome á carreira e comezará ás 10:30 horas.
O gañador o pasado ano foi Iago Alonso, o corredor do Chantadino que esta tempada xa se impuxo no Trofeo Concello
de Teo.
Nesta ocasión a competición está aberta ás categorías Junior, Master 30, Master 40 e Master 50/60.

 

Fonte: Club Ciclista Asociación Galega de Ciclistas