Comienza la temporada 2017

Comezo da temporada de competición de BTT 2017

A próxima semana dará comezo oficialmente a temporada de competición de BTT, concretamente na modalidade de Maratón (XCM) coa disputa da Transheroica BTT 2017, organizada polo C.C. Chantadino o domingo 12 de febreiro. Esta proba presenta un percorrido de 65 kilómetros e arrancará ás 10:00 horas na localidade de Escairón.

A seguinte semana darase paso ao Enduro, cunha nova edición da Cannondale-Xtrembike. A súa primeira cita será a Toyota Nipocar Enduro-Concello de Ponteareas o domingo 19 de febreiro, organizada polo Xtrembike en Ponteareas.

 

Ambas probas son puntuables para o Ranking FGC 2017 e os seus vencedores finais serán galardoados na Gala do Ciclismo, do mesmo xeito que se fixo o pasado sábado 28 de xaneiro na Gala do Ciclismo 2016 celebrada en Padrón.

As inscricións están abertas nos seguintes enlaces:

NIPOCAR ENDURO MTB 17

TRANSHEROICA 2017